Porto Alegre colle a contramán do SwL

Unha das primeiras inicitaivas mundiais a prol dunha evolución cara SwL, a emblemática Prefeitura de Porto Alegre, capital do estado brasileiro de Rio Grande do Sul, está a trocar radicalmente os seus planos iniciais e está a piques de voltar cara Window$, alomenos nas escolas que recibiron a infraestrutura informática desa prefeitura.

O feito está a ser duramente criticado tras coñecerse a denuncia feita pola súa edil Margarete Moraes. Así, o sitio Baguete sinala:

"Imagine que custo isso não acarretará! Além disso, houve a liberação, em dezembro, de uma dispensa de licitação da EPTC para contratação, junto à Procempa, de R$ 470 mil em licenças de Windows", afirma o chefe do gabinete, Cesar Bento.

Conforme Bento, a dispensa de licitação extermina a concorrência ao não abrir processo seletivo normal: o fornecedor, no caso, a Procempa, já foi determinado no documento. "Isto é uma incoerência", destaca o chefe de gabinete. "Encaminhamos, ainda em dezembro, um pedido de informações à prefeitura, que o deveria repassar para os órgãos envolvidos neste caso. O prazo oficial para resposta é de 30 dias, com prorrogação de mais 15. Até agora, não recebemos nada", destaca ele.

Porém, a "incoerência maior", segundo Bento, é a substituição, na administração municipal, de um software livre por um proprietário. "Por que esta preferência, se o software livre traz muito mais economia, sem decair na qualidade?", questiona ele.

Para maior ironía abonda mencionar que a cidade de Porto Alegre foi capital de varios Fórums mundiais, tanto o Social Mundial como, por exemplo, o recén acontecido FISL 9.0 (Fórum Internacional de Sw Livre).

Agora só resta agardar mantendo a esperanza de que isto se enmende.

Mala nova atopada en softwarelivre.org.

asennadas

Chuzame! chuzame -

A miña andaina no Sw Libre (os primeiros anos escuros)

Comezo unha serie de artigos onde amosarei a miña experiencia persoal coa Informática en xeral e especialmente co Software Libre. Loxicamente comezo polos anos escuros, aqueles antes de coñecer o que era root e a GPL, aqueles cos que traballaba co sw privativo.

Souben disto da informática pola asignatura de Álxebra que cursei no ICAI tentando facer enxeñaría industrial aló polo 78-79. Daquela gravábamos códigos en tarxetas perforadas. Lembro introducir moitísimas liñas de códigos para logo imprimir a cara do Ché Guevara. Algunha cousa proveitosa tamén a fixera, si, como a resolución dalgunhas fórmulas sinxelas aínda que complexas de programar.

Outro colega, desta vez nun colexio maior de Madrí, El Pasoti, cordobés, chamounos a atención a moitos dos aloxados nese colexio polo feito de estudar informática. Que é iso? Para que serve? Lembro ben as dores de cabeza das que se queixaba, do pouco gratificante que eran as linguaxes (falaba dunha tal Cobol)...

Logo foi o dun amigo da vida, José (dende hai anos é Joe), de Chimbote (Perú) de pai iuguslavo e nae de Malpica. Foi o do HitBit de Sony, aló polos primeiros '80. Conversando con el hai uns intres, lembraba que o mercara 'pelao', é dicir, viña sen xogos. Estes poderíanse mercar a parte e a prezos elevados. Porén vendíanse revistas con códigos fontes de xogos que manualmente tiñas que introducir no trebello, algo que a Joe custáballe a veces dias para logo non rular. Se tal cousa acontecía, e case sempre lle pasaba, tiña que repasalo todo por mor dalgúns erros cometidos. Cando ao fin rulaba, disfrutaba duns primitivos bonecos movéndose en plan parvo. Ao fin Joe desfíxose do trebello, farto de tanto esforzo e tan pouca compensación.

Abandonada a enxeñaría co primeiro aprobado, estrago dous anos na mili e a seguir comezo facer CC. Económicas, afortunadamente ben mellor pois rematei os cinco cursos en cinco anos, traballando cos meus pais algúns deles e á vez estudando. Todo ben rematado en maio do derradeiro curso aínda que polo medio a cousa fora outra algo distinta. Tras rematar a carreira fixen un curso de Introdución á Informática, todo en MS-DOS. Era o ano 1989.

Mentras cursaba Económicas (daquela na Coruña tiña os tres pimeiros cursos e había que rematar en Santiago os dous derradeiros), outro amigo, Manuel Agrafojo, mostrábame os seus avances en deseño gráfico empregando Windows e Mac, logo co sorprendente Next e finalmente Mac. Hoxe segue a traballar en deseño gráfico con Mac na súa próspera empresa.

Seguirei noutro intre contando os anos previos ata coñecer o Sw Libre en 1997 e, por suposto, tamén o que veu despois.

Chuzame! chuzame -

O que non se pode facer con Windows e MacOS

Provén do artigo orixinal en inglés (What is the coolest thing you can do using Linux that you can't do with Windows or on a Mac?) traducido ao castelán. Agora o deixo aquí en galego, supervisando a tradución a partir do resultado fornecido polo Apertium:

Un amigo preguntoume recentemente que podía facer en Linux que non puidese facer en Windows ou MacOS, e non teño só unha resposta senón unha lista de cousas que pensei e mandei ao meu amigo por correo-e. Logo pensei escribir este artigo para referencias futuras. Se queres podes engadir as túas á lista. Tamén hai un fío nun foro de Ubuntu sobre este asunto que lembrei namentres terminaba a lista e daquela apropieime dalgunhas ideas.

- 1. Actualizar a unha nova versión legal de balde. (nota desta tradución: diríase mellor legal e libre)
- 2. A última versión do sistema operativo execútase no mesmo computador máis rápido cá anterior.
- 3. Instalar e executar outra interfaz gráfica se non me gusta a que está por defecto.
- 4. Instalar 20 programas cun comando.

- 5. Facer que o sistema manteña actualizados os programas instalados por min.
- 6. Instalar a mesma copia do meu sistema operativo (Ubuntu) en varios computadores sen preocuparme das restricións da licenza nin das claves de activación.
- 7. Dar copias dos programas que utilizo sen quebrantar ningunha lei nin norma moral ou ética. (Nota desta tradución: non só iso, senón que é ético e moralmente recomendable distribuir coñecemento, neste caso programas).
- 8. Ter todo o control sobre todo o meu hardware sabendo que os meus programas non teñen ningunha porta traseira de ningunha empresa ou goberno.
- 9. Usar o computador sen necesitar un antivirus e sen ter que reiniciar durante meses activándose no acto todos os parches de seguridade descargados (NdT. ou calquera outro programa, de feito un dos meus computadores só reiníciase cando se vai a luz).
- 10. Usar o computador sen necesitar desfragmentar o disco duro, nunca.
- 11. Probar calquera programa, e se non me gusta, desinstalarlo sabendo que non deixará ningún rastro no rexistro que poida retardar o meu computador.
- 12. Cagarla ata necesitar reinstalar o sistema, e que só tarde media hora en polo todo a punto porque teño os meus datos e os meus programas en particiones separadas.
- 13. Iniciar un escritorio con efectos tan chulos (nota da tradución: moito máis chulos) cós de Vista nun computador de fai 3 anos en menos de 40 segundos incluíndo o tempo que tardo en escribir o meu usuario e contraseña.
- 14. Personalizar todo o que queira, legalmente, ata os meus programas favoritos. Ata podo contactar cos desenvolvedores dos programas para facerlles preguntas, exporlles as miñas ideas e ata participar no proceso de deseño ou/e escritura do programa.
- 15. Ter abertas máis de 4 fiestras dun procesador de textos con documentos nos que traballo, escoitar música, xogar cos efectos do escritorio, estar en contacto cunha gran comunidade e ter Firefox, a mensaxería instantánea e o correo electrónic, todo aberto á vez, sen ter que mendigarle a ninguén que me arranxe a lentitude do sistema e sen que o sistema funcione tan mal que faga inútil.
- 16. Usar o comando dpkg --get-selections > pkg.list para facer unha lista completa e detallada de todo o que teño instalado no computador e con facer unha copia de /etc e /home noutra partición, ser capaz de restaurar o meu sistema en calquera momento de forma sinxela.
- 17. Executo varios escritorios á vez e ata permito que varios usuarios inicien sesión no meu computador á vez e usen simultaneamente o computador.
- 18. Cambiar o tamaño dunha partición do disco duro sen ter que borrala nin perder información.
- 19. Usar o mesmo hardware durante 5 anos sen necesitar, abofé, actualizalo. Teño hardware de fai 10 anos que con Linux segue sendo útil.
- 20. Navegar por Internet mentres o sistema operativo instálase!
- 21. Usar case calquera hardware tendo o driver xa incluído no sistema eliminando a necesidade de buscar por Internet a web do fabricante para atopar o driver adecuado.
- 22. Conseguir o código fonte de case todo, incluíndo o núcleo do sistema operativo e moitos dos programas que utilizo.

Podería seguir, pero xa é o suficientemente longo :-)

Atopado nesta fonte, onde se engaden comentarios, puntualizacións, melloras, etc.

Chuzame! chuzame -

Por que Linux non subsitutirá ao Window$

Why Linux will not displace Windows - You are kidding arent you ? (Por que Linux non subsitutirá ao Windows - Tas de cachondeo, verdade?) é o título dun irónico artigo de ZDNet que a seguir tento traducir:

Estás dicindo que este Linux pode se executar nun computador sen tirar abaixo absolutamente o Windows? Sen un disco de arranque, sen controladores e sen servizos? Iso sóame absurdo.

Se iso fora certo (e o dubido), daquela as empresas estarían vendendo computadores sen un Windows. Isto claramente non está a acontecer...

... polo que ten que haber algúns erros nos teus cálculos. Espero que te decates que Windows é algo máis có Office. É un sistema completo que executa o teu computador de principio a fin, e iso é algo moi difícil de acadar. Moita xente non se decata diso.

Microsoft gastou 9.000 millóns de dólares e moitos anos para crear o Vista, polo que non soa razoable que algunha alterantiva poidera xurdir de súpeto na existencia. Levaría milleiros de millóns de dólares e un monte de esforzo acadalo. IBM intentouno e gastou unha gran cantidade de cartos desenvolvendo o OS/2 pero nunca poido seguir o ritmo do Windows. Apple intentou crear os seus sistemas durante anos pero finalmente rendiuse recentemente e trocou a Intel e Microsoft.

Non é posible que un 'freeware' como Linux poida ser tan amplo ata o punto de executarse de comezo a fin nun computador sen empregar algunha das partes críticas de Windows. Non é posible.

Creo que tes que reformular os teus supostos.

Chuzame! chuzame -