VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa:

Xornada de mañá

10:00 a 11:00 «Instalación Ubuntu – Galinux«; Oscar Amor
11:00 a 12:00 «Servidores Caseiros con GNU/Linux«; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo)
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 a 13:15 «Virtualización: QEMU«; Vieiro
13:15 a 14:00 «Distribución Trisquel GNU/Linux«;

Xornada de tarde

17:00 a 17:45 «A situación do Software Libre nas Empresas de Galiza«; Roberto Vieito (Asociación SwLibre Ghandalf)
18:00 a 18:45 «Licenzas libres e abertas«; Roberto Brenlla (Tegnix, SL)
19:00 a 19:45 «O Dominio .gal«; Camilo Regueiro (eu.gal)
20:00 a 20:45 «Seguridade no Correo Electrónico» Andrés Díaz;
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

En 12 hs dous relatorios en dúas vilas

A verdade é que seis anos dando relatorios sobre SwL dan para moito. Realmente moitísimo se temos en conta que apenas rexeitei intervir nun par de ocasións e sempre por mor de causa maior, nomeadamente en Foz e Ponteareas (na que xa fora dúas veces). Nelas saía de vacacións coa familia e, polo tanto, foi imposible. Sexa como fora, as contas danme unha cifra moi elevada, acho que levo máis dun cento de intervencións, o cal dá mostra da frecuencia de intervencións e maila intensidade de vivencias destes anos.

Este pasado xoves fun a Vilagarcía a rematar a xira de a AGASOL presentando as «Vantaxes do SwL para as PEMES«. O público asistente desta vez non foi numeroso pero si agradecido e, polo que logo souben, moi satisfeito. Alédome porque non é menos certo que canta menos xente haxa máis me esforzo en recrear un clima de familiaridade, ameno e reflexivo.

O evento, entre pitos e frautas, rematou mási aló das 22 hs e ás 10 hs da mañá seguinte comezaba o das IV Xornadas de SwL do IES A Pinguela en Monforte, neste caso dando «Licenzas libres e abertas«. Polo medio tiven que pasar por Coruña, claro, a durmir. Foi o segundo ano consecutivo en dar un relatorio no IES A Pinguela. Xa van tres en total as que vou a Monforte porque unha delas foi para a Rede de Dinamización.

A primeira sorpresa ao chegar foi atoparme na portada da Voz de Lemos, en pequeniño e breve pero até cunha foto! Máis aló da satisfacción persoal pensei «Caramba, o SwL está a calar definitivamente na sociedade«. Nos últimos eventos de AGASOL houbo soporte de radio, prensa e televisión, e o mesmo aconteceu en Monforte. E xa vai sendo hora despois de tantos anos de teima de toda unha comunidade insistindo, traducindo, desenvolvendo, ensinando, organizando eventos…

Foi un pracer asistir á intervención de Rodrigo Salvador sobre a infraestrutura informática do ensino primario e secundario andaluz. Entre o público había integrantes do SIEGA (Sistemas de Infromación da Educación en Galicia) que admiraron o caso andaluz neste ámbito, un exemplo de eficacia organizativa e económica, calidade e ambición.

Agora toca unha viaxe de turismo a Roma e logo máis relatorios, posiblemente comezando pola Universidade Pontificia de Salamanca.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGNIX.org, This domain has expired

Estando de viaxe decátome que o dominio AGNIX.org expirara. Como puido pasar isto? Pois si, a verdade é que non ten perdón. Hai pouco cumprimos o V Aniversario de AGNIX e eu debería lembrar que cando a fundamos decidimos rexistrar o dominio por un período de cinco anos. E claro, expiraba.

Non avisaron? Pois si, avisarían, non o sei porque a conta de correo-e que empreguei para o rexistro non a utilizo dende hai tempo. É unha de Hispalinux redireccionada a mundo-R, e a esta última non a soportaba: era tanto o correo lixo que entraba a pesares do anti-spam que decidín ir obviándoa pouco a pouco ata deixar de usala. Polo tanto, non souben do aviso ata este mércores, de viaxe dando un relatorio para AGASOL o mércores e o xoves para as Xornadas de OuSLi.

Agora xa estamos a traballar para que a nova xunrta directiva de AGNIX, nomeadamente Manuel Hermo e Xabi Alonso, sexan os responsables do rexistro para o seguinte período.

Daquela, de seguido AGNIX.org estará activa, con certeza.

Desculpa as molestias e vaian as miñas desculpas públicas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Éxito nas I Xornadas de Dereito TIC

Sospeitaba que teríamos unhas boas xornadas por seren organizadas por Glug, Aulusc e maila Oficina de SwL da USC, pola calidade dos ponentes e pola temática a ser tratada. Creo que non errei pois a miña opinión foi amplamente compartida por toda aquela persoa con quen falei.

Agora poderíame resumir cada unha das intervencións xa que sempre tomo unha morea de anotacións de cada unha pero prefiro a que agardes a ter os videos e mailas presentacións pois todo o material será colgado da web do evento. Como moito, nalgúns artigos irei deixando ideas aprendidas.

Como desexo e suxestión de mellora sinalaría que se anunciara con máis tempo de antelación, se investira nun gabinete de prensa para darlle maior difusión e, se tal, se fixera na facultade de Dereito pois decatámonos que o alumnado desa facultade non dispón de asignaturas específicas sobre materias de tanta importancia como a LOPD, LSSI, sinatura electrónica e demais. Claro está, para iso é imprescindible a «vontade» de quen son responsables desa facultade e semella que desta vez iso non aconteceu.

Unha vez máis, noraboa á organización e moi agradecido polo trato recibido.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

I Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC

Os vindeiros días venres 28 e sábado 29 de Novembro celebraranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría as Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC, organizadas pola Oficina de Software Libre da USC conxuntamente coa Asociación de Usuarios de Linux da USC e o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, coa colaboración da Asociación de Técnicos de Informática e o patrocinio da Consellaría de Innovación e Industria e Mancomún.

Os relatorios versarán sobre o actual marco legal da informática e a información, a fenda dixital, a política interna da USC sobre licenciamento de contidos, privacidade e protección de datos, e propiedade intelectual.

Considéranse de interese para:

  • Investigadores, programadores e creadores de contidos de calquera clase que teñan ou queiran decidir sobre o modelo de licenciamento do seu traballo.
  • Estudantes de Informática e informáticos que busquen unha visión de conxunto dos aspectos legais da súa profesión.
  • Estudantes de Dereito que busquen especialización en dereito de internet, da propiedade intelectual e das novas tecnoloxías.
  • Interesados no estado actual da lexislación e xurisprudencia sobre propiedade intelectual, privacidade e protección de datos.
  • Interesados sobre os aspectos xurídicos da aplicación e validez de licencias libres no marco xurídico do estado español.

Pódese atopar o programa completo, as datas e o formulario de contacto na páxina web das xornadas:

http://www.glug.es/xornadas-dereito-2008

Estades tod@s convidados.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan:

O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre.

A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, a partir das 10.00 horas, e tratará de demostrar a viabilidade do software libre e animar ás PEMES para que en situacións concretas ou xerais utilíceno de igual xeito que agora usan outros software. Participan como relatores Roberto Brenlla, socio fundador de AGNIX e promotor de «GNU/Linux para O Pobo«, e Manuel Velardo, responsable de proxectos e servizos de Cenatic, quen explicarán as vantaxes competitivas do software libre en canto a aforro de custos e adaptabilidade.

A segunda xornada, que se encadra no ciclo «Encuentra TIC» do Foro da Sociedade da Información, dará comezo ás 17.00 horas, e, destinada ao sector específico das TIC, exporá como moitas empresas están aproveitando a liberdade de comerciar para facer negocios co software libre, tanto vendéndoo como dando servizos de formación e consultoría. Participan na mesma Roberto Moreda, director de Allenta Consulting, Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.

Podes incribirte na mesma web premendo na imaxe «deseo incribirme».

Neste caso, irei en representación múltiple: AGNIX, TEGNIX e AGASOL. Confírmanme que Claudio F. Filho intervirá en representación de TEGNIX aportando a súa ampla experiencia, especialmente no eido de migracións-evolucións e estándares abertos.

Quero agradecer a Miguel Díaz Cacho o gran esforzo na organización desta xornada.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL, Software Libre contra a crise

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º) e nela intervirei como relator. Segundo di a nova «Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e fundador de TEGNIX, unha das 24 empresas que se integran en Agasol«.

A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade. Ademais se exemplificará con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na Administración.

Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72, recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal.

AGASOLEsta será a primeira cita dunha variada serie de intervencións por distintos puntos da nosa xeografía entre os que xa hai previstos eventos en Vigo e Ourense. En AGASOL seguimos a ofrecer este evento a calquera organismo empresarial que o desexe ata o remate do primeiro semestre de 2009.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Traballando en lingua (Curso da UDC en Carballo)

Os dias 15 e 16 de xullo de 2008 hanse celebrar en Carballo, concretamente do Pazo da Cultura do concello, as xornadas correspondentes ao «IV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua«.

Desde a súa páxina web podes acceder á convocatoria que inclúe o programa completo. Nesta ocasión teño a sorte de poder participar na mesa «Oportunidades que ofrece o Software Libre» ás 16,30 hs do martes 15.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Xornadas de Programación Web con Software Libre de OuSLi

Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Dentro deste contexto de tecnoloxías web, as xornadas destacan a especial importancia que ten o Software Libre, tanto no desenvolvemento de linguaxes, frameworks… que proporcionan estas tecnoloxías e que estean dispoñibles para a comunidade de desenvolvedores, como a utilización de ferramentas tamén libres para a utilización destas tecnoloxías, e deste xeito, poderes desenvolver proxectos web integramente en GNU/Linux empregando Software Libre.

Aberto o prazo de incrición.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

OuSLi, II Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas á colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 11 de Abril.

Nas xornadas colaborará Mancomun.org mediante a realización de dúas charlas sobre tradución de software e aplicacións libres para a PEME.

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30 – Wiki: Uso de ferramentas colaborativas a través de web.Descrición: Tralo auxe da web 2.0, cada vez son máis empregadas as ferramentas colaborativas, exemplo delo é a Wikipedia. Na charla amosarase o proceso de instalación, configuración e uso dun sistema wiki.

    Poñente: Enrique Estévez Fernández.

  • 9:30 – Seguridade en GNU/LinuxDescrición: A seguridade é un punto clave da informática e que ten unha especial relevancia e actividade no mundo de GNU/Linux. Na charla exporase distintas técnicas para garantir a seguridade en sistemas empregando software libre.

    Poñente: David Martínez Carballo.

  • 11:30 – Tradución de software libre ó galego.Descrición: Unha das ventaxas do software libre é a posibilidade de personalizalo e adaptalo ás distintas culturas e idiomas. Durante a charla ensinarase a traducir software libre ó galego a través de casos prácticos.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 12:10 – Filtrado de correo SPAMDescrición: Na charla exporanse distintas técnicas de filtrado de correo SPAM, e amosarase o funcionamiento dos protocolos SMTP, POP e IMAP.

    Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo.

  • 13:20 – Ferramientas de Software Libre para a PEME.Descrición: Mancomun.org lanzou o CD “Ferramentas informáticas para a PEME”, no cal se recopila software libre enfocado a PEME. Na charla presentarase o CD e faranse demos sobre o mesmo.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 14:00 – Achegando o mundo de GNU/LinuxDescrición: ¿Que é o software libre? e o seu estado actual. Como alguén pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes contronas de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reprodutores de música…

    Poñente: Antonio Martínez Carballo.

As xornadas están abertas a calquera que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de Espourense.

Máis na web de OuSLi.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gpul, VIII Xornadas de Software Libre

GPUL, no ano do seu décimo aniversario, comprácese en presentar as

VIII Xornadas de Software Libre

que se celebrarán, como é habitual na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Por suposto, agradecer á Facultade de Informática as facilidades loxísticas para a celebración do evento, á empresa Igalia pola renovación do seu patrocinio para as nosas actividades deste ano 2008 e ao Máster en Software Libre de Caixanova por facilitar a presencia dos dous primeiros poñentes, Fernando Abella e Marcelo Branco.

Á espera de ter lista a páxina web do evento (http://www.gpul.org/jornadas08, esperamos que non máis tarde do martes pola mañá), o programa definitivo das xornadas deste ano quedou así:

Xoves 10 de abril

  • 19:30-19:35 Presentación das xornadas, Emilio J. Padrón (Aula de Graos)
  • 19:35-20:30 Futuro das tecnoloxías abertas, Alberto Abella (Aula de Graos)

Venres 11 de abril

  • 19:00-20:00 Sociedade en rede: desafíos para a construción dun modelo social democrático, Marcelo D’Elia BRANCO (Aula de Graos)

Luns 14 de abril

  • 17:15-18:15 Liberando A Fonera, Santiago García Mantiñán (Aula 3.0)
  • 18:30-19:30 Configuración dun servidor DNS, Juan José Iglesias González (Aula 3.0)

Martes 15 de abril

  • 10:30-11:15 Proxecto gpul-Portiño: montando unha sala educativa de ordenadores con software ibre, Francisco J. Tsao Santín (Aula 3.4)
  • 11:30-12:45 Instalación de OpenBSD, Francisco J. Tsao Santín (Aula 3.4)
  • 16:30-17:30 Mesa redonda: Situación dos entornos de escritorio libres, Diego Fernández Perdomo e José Millán Soto (Aula de Graos)
  • 18:00-20:00 Configuración dun servidor de correo electrónico, Juan José Iglesias González (Aula de Graos)

Mércores 16 de abril

  • 10:30-11:15 Localización de programas a través do Translation Project, Francisco J. Tsao Santín (Aula de Graos)
  • 11:30-13:00 Recompilación do kernel Linux, Francisco J. Tsao Santín (Aula de Graos)
  • 18:20-19:50 Documentación de alta calidade con LaTeX, Mauro Silvosa Rivera e Emilio J. Padrón González (Aula de Graos)
  • 20:00-21:00 De CVS a git: evolución dos sistemas de Control de Versións, Juan José Quintela (Aula de Graos)

Xoves 17 de abril

  • 10:30-11:30 Introdución á metadistribución Gentoo Linux, Héctor Fernández López (Aula de Graos)
  • 11:45-13:45 Obradoiro de instalación de Gentoo Linux, Óscar Amor (Aula de Graos)
  • 17:30-18:30 Vagalume e Modest: dous exemplos de aplicacións para Maemo, Alberto García González e Sergio Villar Senín (Aula de Graos)
  • 18:45-20:15 Desenvolvemento con QT4, José Millán Soto (Aula de Graos)
  • 20:30-21:30 Concurso Real Time Battle, Teodoro Díaz Diz (Aula de Graos)

Venres 18 de abril

  • 11:15-12:15 Aproximación a un servidor doméstico baseado en GNU/Linux, Héctor Fernández López (Aula de Graos)
  • 12:30-14:00 Como montar un Clúster Apache con Balanceo da Carga e Alta Disponibilidade, Miguel Álvarez Úbeda, Bruno López Lagares, Pedro Lorenzo Riveiros, Juan Santos García-Toriello, Marcelino Castañeda Sánchez, Fernanda García Alves de Oliveira e Guillermo López Taboada (coordinador)(Aula de Graos)

Como guinda ás nosas xornadas, o sábado 19 de abril celebraranse as II Xornadas de Software Libre en Ferrol, no Edificio de apoio ao estudio Do Campus de Ferrol. En canto teñamos o programa pechado anunciaremos o evento.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi

Este ano OuSLi volve a celebrar as Xornadas sobre «Programación Web en Software Libre».

A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo … ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir!!.

Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:

  • Elixe o programa: Neste apartado poderas votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elexidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
  • Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
  • Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademáis coñeces alguen que poida dar a conferencia refléxao na descripción. ¡¡Envía a túa proposta!!.
  • Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calqueira dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!

A data límite para o envío de propostas e Call for Papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp