VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa: Xornada de mañá 10:00 a 11:00 “Instalación Ubuntu – Galinux“; Oscar Amor 11:00 a 12:00 “Servidores Caseiros con GNU/Linux“; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo) 12:00 a 12:30 Descanso 12:30 a 13:15 “Virtualización: QEMU“; Vieiro […]

En 12 hs dous relatorios en dúas vilas

A verdade é que seis anos dando relatorios sobre SwL dan para moito. Realmente moitísimo se temos en conta que apenas rexeitei intervir nun par de ocasións e sempre por mor de causa maior, nomeadamente en Foz e Ponteareas (na que xa fora dúas veces). Nelas saía de vacacións coa familia e, polo tanto, foi […]

AGNIX.org, This domain has expired

Estando de viaxe decátome que o dominio AGNIX.org expirara. Como puido pasar isto? Pois si, a verdade é que non ten perdón. Hai pouco cumprimos o V Aniversario de AGNIX e eu debería lembrar que cando a fundamos decidimos rexistrar o dominio por un período de cinco anos. E claro, expiraba. Non avisaron? Pois si, […]

Éxito nas I Xornadas de Dereito TIC

Sospeitaba que teríamos unhas boas xornadas por seren organizadas por Glug, Aulusc e maila Oficina de SwL da USC, pola calidade dos ponentes e pola temática a ser tratada. Creo que non errei pois a miña opinión foi amplamente compartida por toda aquela persoa con quen falei. Agora poderíame resumir cada unha das intervencións xa […]

I Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC

Os vindeiros días venres 28 e sábado 29 de Novembro celebraranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría as Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC, organizadas pola Oficina de Software Libre da USC conxuntamente coa Asociación de Usuarios de Linux da USC e o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, coa colaboración […]

Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan: O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre. A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, […]

AGASOL, Software Libre contra a crise

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no […]

Traballando en lingua (Curso da UDC en Carballo)

Os dias 15 e 16 de xullo de 2008 hanse celebrar en Carballo, concretamente do Pazo da Cultura do concello, as xornadas correspondentes ao “IV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua“. Desde a súa páxina web podes acceder á convocatoria que inclúe o programa completo. Nesta ocasión teño a sorte de poder […]

II Xornadas de Programación Web con Software Libre de OuSLi

Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre. Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais. Dentro deste […]

OuSLi, II Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas á colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá […]

Gpul, VIII Xornadas de Software Libre

GPUL, no ano do seu décimo aniversario, comprácese en presentar as VIII Xornadas de Software Libre que se celebrarán, como é habitual na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Por suposto, agradecer á Facultade de Informática as facilidades loxísticas para a celebración do evento, á empresa Igalia pola renovación do seu patrocinio para as […]

Xornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi

Este ano OuSLi volve a celebrar as Xornadas sobre “Programación Web en Software Libre”. A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo … ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir!!. Para que ti podas decidir e […]