Traducindo e Opinando

Como adoita acontecer en múltiples portais e blogs, o caso deste blog non é moi distinto. As máis das veces atopo algunha nova ou artigo que, polo motivo que fora, me chama a atención e decido ofrecelo á comunidade galega traducíndoo á nosa lingua. E case sempre aí queda a cousa.

Que significa isto? Tan só que estou a traducir, engadindo a fonte orixinal e nalgún caso algunha ligazón máis onde ampliar a información. Certo é que noutros casos até deixo algunhas preguntas abertas para fomentar un debate construtivo. E pouco máis.

É dicir, gústame reflictir, como un espectador maís que son, o que me chama a atención da rede.

Noutros casos, contablemente non moitos, adícome a amosar as miñas propias opinións, enfiando ideas e tirando conclusións. Lamenteblemente isto é así porque expresar ideas, deixalas ben escritas, fuxindo de ambigüedades, ocuparía moito máis do monte de tempo que xa lle adico ao dia a este blog, aos RSS e ás redes sociais.

Teno en conta para a próxima vez, por favor. Un artigo neste blog non sempre reflicte completamente o que eu penso. Pode ser unha tradución á que se lle engade algunha cuestión aberta. Noutros casos si, é o que opino... depende!

Daquela, sobre todo en casos que poidan inducilo, asinarei os artigos cunha ligazón cara estas liñas. Non é a primeira vez que alguén me di "Non estou de acordo co que puxeches!" e eu "Como? Se só fun un tradutor!".

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 Responses to “Traducindo e Opinando”

  1. [...] Traducindo e Opinando [...]

  2. [...] Traducindo e Opinando [...]

  3. [...] Traducindo e Opinando [...]

  4. [...] Traducindo e Opinando [...]

Leave a Reply